Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (expedientes AC-EP 31/2013 e AC-EP 34/2013).

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditaron resolucións nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo, por infraccións da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 10 de abril de 2013

P.S. (Resolución do conselleiro do 29 de xullo de 2009)
Margarita Olmo Bosco
Xefa do Servizo de Administración Local e Interior

ANEXO

Nº expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 31/2013

Manuel Álvarez Álvarez y otros, S.C.

Avenida de Arteixo, 120, 3º D, A Coruña

Dezhavu

26.e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

300,00 €

AC-EP 34/2013

Manuel Álvarez Álvarez y otros, S.C.

Avenida de Arteixo, 120, 3º D, A Coruña

Dezhavu

23.ñ) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

301,00 €