Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 25/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CTC en Santa Lucía e anexo 1º.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,672 km, coa orixe no paso aerosubterráneo que se instalará no apoio adxacente ao CT Santa Lucía existente (expediente 7269), alimentado pola LMTS SNT 8119 Ponte Ulla-Susana 119, con condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final no CT Os Laranxos proxectado.

Centro de transformación (CT) non prefabricado Os Laranxos, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña