Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1040/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1040/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Santos Pasandín contra a empresa Montajes Herto, S.L. e contra o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Ditame.

Que considerando integramente a demanda formulada por José Antonio Santos Pasandín, que comparece asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Montajes Herto, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 6.615,57 euros, cos xuros moratorios pertinentes, no sentido exposto nos fundamentos de dereito precedentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente establecida pola Lei 10/2012, do 20 de novembro, na conta aberta deste xulgado na entidade Banesto.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Herto, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial