Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (861/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 861/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel López García contra a empresa Díaz y Souto, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución en data 5 de abril de 2013, dirixida a Díaz y Souto, S.L. Poderase interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no dito órgano xudicial o interesado poderá ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Díaz y Souto, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial