Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1059/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1059/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Vázquez Otero contra a empresa Nakichin, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Santana y Cia, S.C., Fondo de Garantía Salarial, María Fernanda González Dopeso, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 00171/2013.

Na Coruña, 11 de abril de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 1059/2010, seguidos por instancia de María del Carmen Vázquez Otero, que comparece en representación propia, contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada polo letrado Sr. Estébanez Juega, contra a empresa Nakichin, S.L., que non comparece pese a estar citada en legal forma, contra a empresa Santana y Cía, S.C., que non comparece pese a estar citada en legal forma, contra María Fernanda González Dopeso, que non comparece pese a estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, a litis versa sobre reclamación de salarios.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no Xulgado do Social número 2 con data 30.11.2010, contra a demandada xa mencionada, en que despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza que condenase a demandada a aboar a aquela a cantidade de 7.360,72 euros, por sumas debidas en concepto de salario dos meses de xaneiro a xuño de 2010.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda, convocáronse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, que ratificou a súa demanda, e desistiu da reclamación fronte á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Nakichin, S.L. e María Fernanda González Dopeso, sen que comparecese a entidade demandada nin os seus representantes. Recibido o preito a proba, a parte comparecida propuxo documental que, declarada pertinente, se practicou co resultado que consta en autos; seguidamente, a demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais, excepto o prazo para ditar sentenza.

Feitos probados.

Primeiro. A demandante, María del Carmen Vázquez Otero, prestou servizos na empresa Santana y Cía, S.C. desde o 3.3.2009, coa categoría profesional de axudante de cociña, percibindo un salario mensual con rateo de pagas extras de 1.269,09 euros (ramo de proba da demandante).

Segundo. A empresa demandada, que non compareceu no acto da vista, non acreditou o aboamento das cantidades reclamadas en concepto de salario dos meses de xaneiro a xuño de 2010.

Terceiro. A traballadora non ten nin tivo no último ano a condición de delegado de persoal nin membro de comité de empresa, nin representante sindical.

Cuarto. Con data 14.6.2010 e 3.11.2010 tiveron lugar os actos de conciliación previa ante o SMAC, finalizados co resultado de intentada sen efecto.

Fundamentos de dereito.

Primero. Na demanda reitora deste procedemento a parte demandante solicita que se condene a demandada a lle aboar á Sra. Vázquez a cantidade de 7.360,72 euros en concepto de salarios correspondentes aos meses de xaneiro a xuño de 2010.

A empresa demandada Santana y Cía, S.C. non comparece no acto de xuízo para os efectos de desvirtuar as alegacións do demandante. O Fogasa tampouco comparece ao acto de xuízo.

Na súa consideración e entrando no fondo da litis formulada, a teor do disposto no artigo 217 LAC, texto legal de aplicación subsidiaria no ámbito da xurisdición social, dada a incomparecencia da empresa demandada e dos seus representantes legais, resultou acreditada a relación laboral ou contrato de traballo que vincula a demandante coa demandada durante o período obxecto de reclamación salarial, así como a devindicación das cantidades reclamadas, conclusión que se extrae da documental existente en autos, principalmente, expediente achegado pola Mutua Gallega e que consta unido a autos en que se acredita o período en que a Sra. Vázquez permaneceu dada de alta pola citada empresa, así como o salario mensual que percibía, achegada no acto da vista e que non foi impugnada no dito acto.

Segundo. Xa que logo e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, débese estimar integramente a demanda, condenando a empresa demandada Santana y Cía, S.C. a aboar á Sra. Vázquez Otero a cantidade de 7.360,72 euros en concepto de salario dos meses de xaneiro a xuño de 2010.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación,

Resolvo:

Que estimando a demanda formulada por María del Carmen Vázquez Otero, que comparece en representación propia, contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada polo letrado Sr. Estébanez Juega, contra a empresa Nakichin, S.L., que non comparece pese a estar citada en legal forma, contra a empresa Santana y Cía, S.C., que non comparece pese a estar citada en legal forma, contra María Fernanda González Dopeso, que non comparece pese a estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada Santana y Cía, S.C. a aboar á demandante a suma de 7.360,72 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Xa que a Sra. Vázquez Otero desistiu da demanda respecto a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a empresa Nakichin, S.L. e a María Fernanda González Dopeso, debo absolver e absuelvo a tales codemandadas de todos os pedimentos da demanda dirixidos contra elas.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente establecida pola Lei 10/2012, do 20 de novembro, na conta aberta deste xulgado na entidade Banesto.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e data indicados nela. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nakichin, S.L., Santana y Cía, S.C., María Fernanda González Dopeso, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de abril de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial