Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (914/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 914/2011, por instancia de Roberto Carlos García contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua Fremap e empresas UTE Edar Cabo Prioriño, Acciona Agua, S.A., Acciona Infraestructuras, S.A. e Degremont, S.A., sobre incapacidade, en que recaeu sentenza con data 5 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Desestímase a demanda interposta por Roberto Carlos García Álvarez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua Fremap e UTE Edar Cabo Prioriño, e absolvo as ditas entidades e empresas das pretensións exercidas contra elas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas UTE Edar Cabo Prioriño e Degremont, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial