Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 13926

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2013.

As orientacións da política agrícola común avanzan en darlles resposta ás preocupacións e sensibilidade dos consumidores en materia de calidade e seguridade alimentaria, o que implica a necesidade de estimular a adaptación á produción primaria neste sentido.

No ano 2006 entrou en vigor a nova regulamentación comunitaria en materia de hixiene alimentaria que consagra a responsabilidade, na produción de alimentos seguros, dos distintos axentes da cadea alimentaria. En concreto, e no ámbito da produción leiteira, o Regulamento (CE) nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOCE núm. L 139, do 30 de abril de 2004), establece as normas xerais e específicas relativas á hixiene da produción de leite.

No citado regulamento establécense os requisitos que debe cumprir o leite cru no momento da súa recollida nas explotacións, así como a obriga dos centros de recollida, centros de normalización, establecementos de tratamento e establecementos de transformación de comunicar aos órganos competentes aqueles casos en que o leite cru recollido nas explotacións non alcance os niveis mínimos de calidade.

Por iso se considera imprescindible orientar os programas actuais cara á consolidación de sistemas de manexo e control que permitan evidenciar nas explotacións o desenvolvemento de prácticas correctas para a produción láctea.

Por outra banda, é preciso fomentar aquelas iniciativas que establezan programas de aseguramento da calidade asimilables a sistemas de análise de perigos e puntos críticos de control en explotacións que permitan a súa certificación por entidades acreditadas de control e certificación dos alimentos.

Tendo en conta que o destinatario final destas axudas é o produtor de leite, as axudas axústanse ao que se dispón no Regulamento (CE) nº 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais para as pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70/2001.

O Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa.

Posteriormente, este real decreto modificouse con data do 10 de xullo de 2010 a través do Real decreto 901/2010, do 9 de xullo, no relativo aos prazos mínimos para alcanzar a condición de explotación certificada nos programas de certificación externa, así como a obtención de axudas para o dito proceso.

En consecuencia, de conformidade co artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire o artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ( DOG núm. 121, do 25 de xuño) e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto da orde é establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva para a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías dedicadas á produción láctea procedente de vacún, ovino e cabrún, e a súa certificación externa. As guías que se implantarán serán as publicadas na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:

http://www.magrama.es/es/ganaderia/temas/sanidad-animal-e-higiene-ganadera/INLAC_tcm7-5982.pdf

2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar: http://www.medioruralemar.xunta.es/

3. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as axudas para o ano 2013.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta orde entenderase como:

a) Central de compras: aquelas figuras definidas no artigo 2.g) 1º, 2º, 3º e 4º do Real decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea, respecto do leite de vaca, así como os centros de recollida e de transformación de leite de ovella e de cabra.

b) Centros de recollida e de transformación de leite de ovella e de cabra: empresa ou agrupación de empresas que compren leite cru de ovella ou de cabra procedente de produtores instalados en territorio español.

c) Contrato de subministración: aquel contrato homologado conforme a Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios.

d) Equipo técnico: conxunto de profesionais que, en nome propio ou dunha persoa xurídica, privada ou pública, e contando coa experiencia, cualificación e medios necesarios, a xuízo da autoridade competente, desenvolve con imparcialidade as tarefas de asesoría que son obxecto de subvención mediante esta orde, baixo a dirección técnica dun licenciado en Veterinaria. O equipo técnico deberá estar formado por:

– Controladores autorizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar para a revisión dos equipamentos de muxidura.

– Controladores autorizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar ou titulados FP2, rama frigoristas, para a revisión de tanques de frío.

– Veterinarios, enxeñeiros agrónomos ou enxeñeiros técnicos agrícolas para os labores de asesoramento técnico.

e) Guía de prácticas correctas de hixiene: documento director do aseguramento para a mellora integral da calidade do leite de explotación, definida por especie leiteira.

f) Programa: serie ordenada de operacións necesarias para levar a cabo a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene.

Artigo 3. Liñas de axuda

1. As liñas de axuda serán as seguintes:

a) Axudas para asesoramento técnico básico na implantación das guías, mediante a aplicación dos programas correspondentes.

b) Axudas para a certificación externa da implantación das guías, levada a cabo igualmente mediante os correspondentes programas. Esta liña de axudas incluirá un proceso de asesoramento técnico intensivo previo ao procedemento de certificación externa.

2. Nas dúas liñas de axudas os labores de asesoramento deberán estar repartidos de xeito equilibrado entre todas as epígrafes correspondentes ás diferentes materias que inclúen as guías.

3. Quedan excluídos destas axudas, os gastos vinculados á transformación ou comercialización do leite e os produtos lácteos.

4. As axudas unicamente poderán ser concedidas respecto ás actividades emprendidas ou realizadas con posterioridade á presentación de solicitudes e deberán axustarse ao prazo establecido nesta convocatoria.

5. As axudas concederanse en especie mediante servizos subvencionados e non poderán consistir en pagamentos directos en efectivo aos produtores.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as centrais de compra, as cooperativas e sociedades agrarias de transformación que teñan entre os seus obxectivos a comercialización ou a transformación de leite de vaca, ovella ou cabra, e as agrupacións e as asociacións de produtores de leite (en diante «entidades»), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 15.3 do Regulamento (CE) nº 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Levar a cabo a actividade subvencionable sinalada no artigo 3.1., letras a) ou b), nun grupo de titulares de explotacións incluídas nun mesmo programa, contando coa autorización para tal fin dos titulares de cada explotación.

b) Excluír de todos os programas as explotacións gandeiras que deixen de cumprir algún dos requisitos que establece o Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, e comunicalo á autoridade competente nun prazo de dous meses desde a exclusión.

c) Cumprir os requisitos legais e regulamentarios en materia de rastrexabilidade, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

d) Cumprir o exixido nas normas ou programas complementarios establecidos, se é o caso, pola autoridade competente.

e) Ademais, no caso das centrais de compra deberán realizar un pagamento diferencial positivo por parámetros de calidade hixiénico-sanitaria do leite cru por riba do imposto pola normativa vixente. Este pagamento diferencial poderá establecerse incluíndo, adicionalmente, aspectos ambientais, de benestar animal e de persoal da explotación, con exixencias superiores ás establecidas na normativa ou na guía.

f) Adicionalmente, en caso de centrais de compra de leite de vaca, deberán:

1º. Cumprir coas obrigas impostas polo réxime da taxa suplementaria.

2º. Analizar as mostras de leite nun laboratorio de análise, rexistrado conforme o Real decreto 1728/2007, do 21 de decembro.

2. As entidades poderán presentar simultaneamente a solicitude de axudas para un programa de asesoramento e/ou para outro de certificación externa.

No caso dos programas correspondentes as liñas de axudas establecidas no artigo 3.1.a), o programa incluirá o cen por cento das explotacións que son subministradoras de leite da entidade beneficiaria. Tamén poderá incluír, xunto a estas, outras que non sexan subministradoras da devandita entidade pero que se comprometan a participar no programa xestionado por esta, agás as que xa estean incluídas noutro programa, mediante o cal se soliciten estas axudas.

3. Dadas as especiais características deste programa, e de acordo co artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o beneficiario poderá subcontratar con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. A actividade subvencionada que o beneficiario subcontrate con terceiros realizarase cumprindo as obrigas referidas no dito artigo.

4. Os destinatarios últimos destas axudas son os titulares de explotacións produtoras de leite de vacún ou de ovino ou cabrún que teñan a cualificación de pequena e mediana empresa segundo o que se establece no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, e que, autorizando unha entidade para a súa inclusión no seu programa, segundo se establece no punto 1.a), cumpran os seguintes requisitos:

a) Non ter cometida unha infracción sancionada en firme en vía administrativa pola autoridade competente nos 12 meses previos á resolución da axuda, por incumprimento da normativa vixente.

b) Cumprir cos requisitos legais e regulamentarios en materia de rastrexabilidade e de identificación animal, así como de benestar e de sanidade animal.

c) Non ter a consideración de empresa en crise.

d) Así mesmo, en caso de seren titulares de explotacións de vacún leiteiro, deberán:

1º. Ter cantidade de referencia asignada e cumprir coas obrigas impostas polo réxime da taxa láctea, non sendo que se trate de explotacións situadas na Comunidade Autónoma das Canarias, de acordo co que se establece no Real decreto 347/2003, do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión de cota láctea, e o Real decreto 754/2005, do 24 de xuño, polo que se regula o réxime da taxa láctea.

2º. Analizar as mostras de leite nun laboratorio de análise, rexistrado conforme o Real decreto 1728/2007, do 21 de decembro.

5. Non poderán estar incluídos nos programas obxecto das axudas previstas nesta orde aquelas explotacións en que concorra algunhas das seguintes circunstancias:

a) Incumprir calquera dos compromisos e requisitos a que se refire este artigo no ano anterior á solicitude.

b) Participar, nos cinco anos precedentes, no mesmo programa para o que se solicitan as axudas.

6. Sen prexuízo do anterior, establécense as seguintes limitacións:

a) As explotacións unicamente poderán estar incluídas nun programa, xa sexa o establecido na letra a) ou na b) do artigo 3.1.

b) Os titulares das explotacións incluídas nos programas de referencia deberán permanecer no mesmo programa como mínimo ata que finalice o ano para o que se solicitou. Isto non será exixible no caso de que existise unha renuncia expresa do titular.

Artigo 5. Contía, compatibilidade e límites das axudas

1. Estas axudas son compatibles con calquera outra que para o mesmo obxecto ou finalidade establezan outros entes públicos ou privados, locais, autonómicos, nacionais ou internacionais.

2. Malia o que se establece no número anterior, a acumulación das axudas non poderá superar os límites previstos nos artigos 14 e 15 do Regulamento (CE) nº 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, e terase en conta a incompatibilidade establecida no seu artigo 19.

3. A contía das axudas non poderá superar os seguintes límites, sempre dentro das dispoñibilidades orzamentarias:

a) Para o programa de implantación das guías, o 50 por cento dos custos subvencionables descritos no artigo 7, cos límites descritos no punto 5 do presente artigo 5.

b) Para o programa de certificación:

– O 70 por cento dos custos subvencionables descritos no artigo 7.

– O 25 por cento dos custos subvencionables descritos nas letras b) e c) do número 1 do artigo 9.

4. Porén, poderá subvencionarse o 70 por cento dos custos descritos no artigo 7 naqueles programas de gando ovino e cabrún en que todas as explotacións participantes no programa teñan todos os seus animais adultos identificados conforme o que se establece no Real decreto 947/2005, do 29 de xullo, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.

5. Así mesmo, as axudas reguladas no Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, axustaranse ás seguintes limitacións:

a) Unha mesma entidade poderá obter subvencións para un programa determinado durante un máximo de 5 anos consecutivos.

b) Un mesmo titular dunha explotación gandeira poderá manterse nun mesmo programa durante un máximo de 5 anos consecutivos.

As accións descritas no artigo 7 ateranse ás seguintes limitacións de contía máxima:

a) Para gastos de asesoramento técnico ao gandeiro: 200 euros por explotación para os gastos de servizos ligados ás accións de asesoramento de implantación das guías.

b) Para gastos xerados na xestión do programa: 50 euros por explotación.

c) Para gastos derivados do control efectuado nas visitas realizadas polo equipo técnico: 16 euros por punto de muxidura controlado e 20 euros por tanque refrixerante, admitíndose só un tanque de frío por explotación.

d) Para gastos de formación dos produtores en materia de prácticas correctas de hixiene e rastrexabilidade do leite cru, por organización de cursos, honorarios do formador e materiais didácticos necesarios: 15 euros por explotación.

A data de celebración destas actuacións deberá ser comunicada ao órgano xestor da axuda cunha antelación mínima de 15 días.

As accións descritas no artigo 9 ateranse ás seguintes limitacións de contía máxima:

a) Os gastos de servizos e persoal técnico de asesoramento, de xestión e formación para a certificación da guía serán, como máximo, de 1.000 euros por explotación.

b) Os gastos derivados das accións da empresa certificadora poderán ser como máximo de 500 euros por explotación.

Artigo 6. Contido e requisitos mínimos do programa para a implantación da guía mediante asesoramento técnico

O programa de asesoramento para a implantación da guía, establecido no artigo 3.1.a), comprenderá como mínimo os seguintes aspectos:

1. Documentación:

a) Unha memoria técnica que recolla os seguintes aspectos:

1º. Obxectivos que se pretenden acadar coa aplicación do programa.

2º. Relación das explotacións integrantes ou subministradoras sobre as que se vai desenvolver o programa.

3º. Duración do programa.

4º. Sistema de seguimento e verificación da evolución do programa: describiranse os métodos ou procedementos empregados para validar a adecuación e o cumprimento do programa.

5º. Sistema de implantación das medidas correctoras: describiranse as accións que se adoptarán cando a vixilancia do programa indique algún fallo para acadar os obxectivos definidos.

6º. Orzamento do programa por cada unha das liñas de actuación.

7º. Descrición do sistema de pagamento diferencial positivo, de ser o caso.

8º. Identificación e honorarios do equipo técnico, farase constar:

– Relación dos técnicos que participan en cada unha das liñas de actuación do programa, identificando a persoa que se encargará da dirección técnica do programa e cuxa titulación será de licenciado en Veterinaria.

– Xustificantes da titulación académica, formación e experiencia de cada un dos técnicos.

– Empresa para a que traballan os técnicos, se é o caso.

– Fotocopia compulsada dos contratos cos técnicos ou, se é o caso, coa empresa para a que traballan, nos cales se especifiquen os traballos contratados e o seu custo.

b) Un documento, por cada explotación produtora de leite, que conteña:

1º. Un informe sobre a situación de partida da explotación: no caso de programas que presenten un número de explotacións superior a 20, o informe presentarase por grupos de explotacións, atendendo á situación de cada grupo referida ás guías de prácticas correctas de hixiene.

2º. Os obxectivos do programa baseados no estado inicial. Como no punto anterior, tamén se pode presentar por grupo de explotacións atendendo á situación de cada grupo.

c) O cronograma anual do equipo técnico coas visitas que se realizarán, de acordo co establecido na presente orde.

2. Visitas do equipo técnico:

O programa incluirá polo menos dúas visitas do equipo técnico de asesoramento a cada explotación.

a) Unha primeira visita, que servirá de rexistro da situación de partida para o establecemento dos obxectivos do programa, e na que se comprobará o nivel de cumprimento da guía.

Para a avaliación das condicións de produción de leite cru de vaca debe ser utilizado o modelo de enquisa referido no anexo VIII da orde. Para programas de ovino e cabrún debera ser utilizado un modelo único ao longo de todo o programa.

b) Unha segunda visita, onde se comprobará a evolución e o grao de consecución dos obxectivos establecidos no programa.

c) O número máximo de explotacións de vacún de leite asesoradas por un técnico é de 150.

d) O equipo técnico manterá en cada explotación integrante dos programas un rexistro actualizado de persoal e visitas relacionadas co nivel de cumprimento das guías, segundo os modelos descritos nos anexos VI e VII, que deberá ser conservado polo titular de explotación.

3. A revisión e valoración do funcionamento da máquina de muxidura e do tanque de refrixeración.

a) No caso de control de instalacións de muxidura:

1º. Serán realizados por técnicos autorizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

2º. A realización da testaxe conterá un cálculo da instalación necesaria para comprobar en cada explotación que esta cumpre cos mínimos requiridos con base na Norma UNE 68050/98. Realizarase a continuación a testaxe da instalación segundo os requirimentos da dita normativa no modelo do anexo IX. Non se admitirán como válidas as revisións realizadas por anteriores normativas.

As copias destas revisións serán conservadas nas entidades e nas explotacións, á disposición da Consellería do Medio Rural e do Mar, e servirán como xustificación da realización da actividade.

3º. Será obrigatoria a gravación das testaxes de puntos de muxidura no programa informático facilitado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

b) No caso de control de equipos de refrixeración de leite:

1º. Deberá ser realizado por técnicos autorizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar ou titulados en FP2, rama frigoristas, que cubrirán en cada instalación os parámetros indicados no anexo X baixo a normativa correspondente.

As copias destas revisións serán conservadas nas entidades e nas explotacións, á disposición da Consellería do Medio Rural e do Mar, e servirán como xustificación da realización da actividade.

2º. Será obrigatoria a gravación das testaxes de tanques de frío no programa informático facilitado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

4. Ao remate do programa anual, o equipo técnico deberá emitir un informe por explotación, onde quede reflectido o estado inicial e o estado final, o grao de cumprimento da guía de boas prácticas e o cronograma de visitas e actuacións realizado. Este informe deberá estar incluído na memoria xustificativa de actividades da entidade.

No caso de programas que presenten un número de explotacións superior a 20, o dito informe final presentarase por grupos de explotacións con características representativas do colectivo de explotacións incluídas no programa, atendendo á situación de cada grupo referida ás guías de prácticas correctas de hixiene.

Artigo 7. Custos subvencionables do programa para a implantación da guía mediante asesoramento técnico

1. Poderán concederse as axudas para sufragar os custos das actividades de asesoramento técnico sinaladas no artigo 3.1.a), sempre que garden relación coa implantación da guía de prácticas correctas de hixiene e que revertan na mellora integral da calidade do leite cru.

2. As axudas non poderán consistir en pagamentos directos en efectivo ao produtor.

3. Serán custos subvencionables:

a) Gastos do asesoramento técnico ao gandeiro.

b) Gastos xerados na xestión do programa.

c) Gastos derivados do control efectuado nas visitas realizadas polo equipo técnico.

d) Gastos para a formación dos produtores en materia de prácticas correctas de hixiene e rastrexabilidade do leite cru, por organización de cursos, honorarios do formador e materiais didácticos necesarios.

4. Quedan expresamente excluídos os seguintes custos:

a) Os derivados do funcionamento habitual das explotacións.

b) Os derivados das análises de mostras de leite realizadas polo propio produtor ou pola entidade, entre os que se inclúen os controis habituais da calidade do leite e aqueles para os que a normativa comunitaria dispoña que o custo dos controis debe correr por conta dos produtores.

c) Os medios de transporte de calquera índole ou sistema de adquisición deles.

5. Excluiranse destas axudas os custos correspondentes á execución da actividade subvencionable en explotacións nas cales se dea calquera destas circunstancias:

a) No caso de explotacións produtoras de leite de vaca, ter superado no último trimestre de 2012 a media xeométrica de 90.000 colonias de xermes a 30 ºC.

b) No caso de explotacións produtoras de leite de ovino ou cabrún, ter superado no último trimestre de 2012 a media xeométrica de 1.400.000 colonias de xermes a 30 ºC. Esta valoración realizarase cos resultados dos laboratorios de análise das mostras de autocontrol tomadas da explotación.

Artigo 8. Requisitos do programa para a certificación externa do cumprimento da guía con asesoramento técnico

1. Todo programa para a certificación externa para a implantación das guías, establecido no artigo 3.1.b), deberá incluír unha primeira fase de asesoramento técnico dunha duración máxima de dous anos, e outra posterior de certificación.

2. Aqueles destinatarios destas subvencións que xa teñan implantadas nas súas explotacións as guías de prácticas correctas de hixiene, poderán acollerse a un programa de certificación externa que non inclúa unha fase previa de asesoramento técnico.

Para iso, será imprescindible que o beneficiario do mencionado programa estea en condicións de implantar a certificación desde o primeiro ano de aplicación do programa.

3. Como conclusión do programa satisfactoriamente realizado, os titulares das explotacións obterán un certificado do cumprimento do documento normativo ou do grao de evolución que deberá ser emitido por un organismo independente de control, que debe cumprir cos requisitos establecidos no artigo 10.

4. O programa de certificación externa deberá incluír:

a) A información incluída no artigo 6.

b) Un documento en que se establezan os requisitos que se deben cumprir para a certificación externa.

c) Un plan de controis acordado pola entidade cos titulares das explotacións.

d) Un documento de xestión da calidade con, polo menos, os seguintes procedementos escritos:

1º. Sistema e obxectivos do autocontrol.

2º. Sistema de seguimento e verificación da evolución.

3º. Plan de continxencia, no caso de non cumprimento das especificacións do proceso ou do produto por unha ou máis explotacións.

4º. Método e motivos de exclusión dunha ou varias explotacións.

5º. Método de incorporación de novas explotacións.

6º. Listaxe de rexistros que hai que realizar en cada explotación.

7º. Sistema de implantación de medidas correctoras.

e) Un documento elaborado pola entidade de certificación con, polo menos, a seguinte información:

1º. Cronograma anual das visitas que realizará a entidade de certificación, de acordo coa guía e as liñas de traballo que se pretenden verificar.

2º. Procedemento de mostraxe de explotacións.

3º. Programa de control da entidade de certificación sobre a explotación.

4º. Tarifas da entidade de certificación para ese programa.

5. De maneira opcional o programa poderá incluír ademais unha serie de características que permitan achegar valor engadido do proceso ou do produto. Estas serán características que deben acadarse no proceso ou no produto por riba das establecidas nas guías para poder acceder á certificación externa, e manterse en estado de conformidade.

6. Unicamente se poderá incluír información adicional ao leite ou produtos lácteos mediante etiquetaxe facultativa, no caso de que se inclúan no proceso de certificación características que permitan achegar valor engadido ao produto, sempre e cando se cumpra o que se establece no Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios.

Artigo 9. Custos subvencionables dos programas para a certificación externa da implantación das guías de prácticas correctas de hixiene

1. Serán custos subvencionables dos programas para a certificación externa da implantación das guías de prácticas correctas de hixiene os seguintes:

a) Os sinalados no artigo 7.

b) As tarifas da entidade de certificación para estes programas.

c) Formación ao titular de explotación en sistemas de autocontrol e certificación externa.

2. Durante os dous primeiros anos desde a presentación da solicitude da axuda para a certificación, subvencionaranse ata o 70 por cento dos gastos incluídos no artigo 7. Durante os tres anos seguintes, subvencionaranse ata o 70 por cento dos gastos do artigo 7 e ata o 25 por cento dos gastos incluídos nas letras b) e c) do punto 1 do presente artigo.

3. Quedan expresamente excluídos os pagamentos directos en efectivo ao produtor.

4. Adicionalmente ao cumprimento do que se establece no artigo 7.5, desde o terceiro ano contado desde o inicio da aplicación do programa, excluiranse os custos correspondentes aos beneficiarios que non obteñan o certificado de conformidade establecido no artigo 8.2.

Artigo 10. Requisitos do organismo independente de control

O organismo independente de control deberá estar acreditado cunha antigüidade mínima dun ano, por unha entidade de acreditación das regradas no capítulo II, sección 2, do Regulamento de infraestrutura para a calidade e seguridade industrial aprobada polo Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, ou, se é o caso, por calquera outro organismo de acreditación asinante do Acordo multilateral de recoñecemento da European Co-operation for Accreditation (EA), conforme a Norma UNE-EN 45011, relativa ás exixencias que teñen que observar os organismos de control e certificación de produtos no ámbito agroalimentario, así como estar acreditado especificamente cun alcance que cubra a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene.

Artigo 11. Criterios obxectivos de outorgamento da subvención

1. Na concesión das subvencións previstas nesta orde valoraranse as solicitudes de acordo co baremo seguinte:

a) Programa con, polo menos, o 50 por cento das explotacións incluídas en zonas rurais prioritarias, de acordo coa Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural: dous puntos.

b) Entidade que sexa unha sociedade agraria de transformación ou unha cooperativa: un punto.

c) Programa que inclúa máis do 50 por cento das explotacións con contrato homologado de subministración de leite no momento da solicitude da axuda: catro puntos.

d) Programa que inclúa, polo menos, o 50 por cento das explotacións coa condición de certificación externa da guía de prácticas correctas de hixiene: un punto.

e) Programa con explotacións en fase de certificación externa da guía de prácticas correctas de hixiene con anterioridade á solicitude da presente axuda: un punto.

f) Programa que inclúa máis do 50 por cento das explotacións acollidas á realización do control leiteiro oficial: un punto.

2. Ante igualdade na puntuación, priorizaranse aqueles programas que cumpran o que se establece no punto 1.c) deste artigo, e no caso de persistir a dita igualdade, priorizaranse os programas de certificación e, finalmente, os programas por volume de leite.

3. As autoridades competentes ordenarán as solicitudes segundo o baremo establecido neste artigo, e atenderán as de superior puntuación en función da dispoñibilidade orzamentaria, ata esgotar o crédito dispoñible.

Artigo 12. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería de Medio Rural e do Mar. Así mesmo, poderán presentarse no rexistros xerais da Xunta de Galicia-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como nos demais lugares e formas previstas no Decreto 191/2011, do 22 de setembro; tamén poderán ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es

No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e minuto da súa admisión.

2. No caso de solicitar máis dun programa obxecto da axuda, as entidades deberán presentar unha solicitude para cada un deles. Coa solicitude incluiranse, polo menos, os datos establecidos no anexo I A e/ou I B.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

4. Recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor, que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, para o que lle concederá un prazo de dez días, consonte o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999. Transcorrido este prazo sen que se produza a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.

5. A falsidade do declarado na solicitude determinará a imposibilidade de percibir, de ser o caso, a axuda concedida, desde o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.

No caso da documentación que acompaña as solicitudes presentadas por sede electrónica, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 13. Documentación

As solicitudes presentaranse por programa, segundo os anexos I A e/ou I B acompañadas da seguinte documentación:

1. Para o programa de implantación das guías:

a) Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

b) Acreditación da representatividade do solicitante.

c) Memoria pormenorizada do programa establecido no artigo 6.

d) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda, efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto, mediante o modelo de declaración que figura no anexo XI, de acordo co artigo 30, número 4, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) O anexo III, no cal se reflicta o compromiso de adhesión aos programas de implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru e a súa certificación externa. Da presentación do dito anexo estarán excluídas todas aquelas explotacións que xa o presentaron para a solicitude do ano anterior e para o mesmo beneficiario. No caso de desexar cambiar de agrupación, o titular da explotación deberá presentar, xunto co anexo III a renuncia expresa a realizar o programa coa entidade anterior.

f) Relación da totalidade das explotacións subministradoras da entidade e, no caso de asociacións, a totalidade dos socios produtores de leite vinculados á entidade, que conterá o nome do titular, o seu NIF e o REGA, segundo os anexos II A e II B.

g) Unha base de datos informática coa estrutura indicada no anexo V, antes de iniciar a execución do programa, en que se inclúan os datos das explotacións acollidas a este.

h) De acordo co artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o beneficiario poderá subcontratar con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. A actividade subvencionada que o beneficiario subcontrate con terceiros realizarase cumprindo as obrigas referidas no dito artigo.

i) Folla resumo cuberta na súa totalidade, conforme o anexo IV A/B.

j) De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para os contratos de contía superior a 18.000 euros, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

De acordo co artigo 4, número 2 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 (DOG do 16 de xaneiro), pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, os solicitantes non terán a obriga de presentar os documentos requiridos nas letras a) e b) do número 1 deste artigo que xa fosen presentados. Para facer efectivo este dereito deberán especificar a data en que presentaron os documentos e o órgano a que os dirixiron, sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento en que se achegaron.

2. Para programas de certificación externa da guía ademais do referido anteriormente presentarase o indicado no artigo 8, letras b), c), d), e).

Artigo 14. Autorización

A presentación da solicitude de concesión de axuda polo interesado implicará a autorización á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

De conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, o interesado autoriza a Consellería do Medio Rural e do Mar para a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identificación do Ministerio de Presidencia; de non facelo, deberá presentar a fotocopia do NIF correspondente.

De haber discordancia entre os datos facilitados polo interesado/a e os que consten no acceso informático que se estableza, o órgano competente poderá realizar as actuacións necesarias para a súa aclaración.

Artigo 15. Tramitación e resolución

1. Se as solicitudes non están debidamente cubertas, se non se achega a documentación establecida ou se o expediente presenta defectos corrixibles, a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria requirirá o interesado para que, nun prazo máximo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, a súa baremación, segundo os criterios do artigo 11, será efectuada por un órgano colexiado constituído para o efecto, integrado por tres funcionarios da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario, e que estará presidido polo subdirector xeral de Gandaría.

3. A comisión de valoración formulará un informe de outorgamento á directora xeral de Produción Agropecuaria, quen, pola súa vez, proporá a aprobación das axudas á conselleira do Medio Rural e do Mar.

4. O secretario xeral de Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira, segundo o establecido no artigo 2 da Orde do 30 de marzo de 2012 de delegación de competencias (DOG núm. 70, do 12 de abril), resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

5. O prazo máximo para ditar e notificar a correspondente resolución será de 9 meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

6. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Artigo 16. Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas

1. Os solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda, efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto, polas distintas administracións públicas, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto, mediante o modelo de declaración que figura no anexo XI, de acordo co artigo 30, número 4, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Ademais, no momento de calquera xustificación da execución total ou parcial do proxecto e, en todo caso, antes de calquera pagamento, o solicitante presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas conforme o anexo XI, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 17. Control da execución dos programas

O control da execución dos programas será levado a cabo pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, que realizará as comprobacións e inspeccións que considere necesarias, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas e facilitará toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

O control administrativo farase sobre a totalidade dos expedientes, mentres que o control sobre o terreo abranguerá a totalidade das entidades beneficiarias. Inspeccionarase un mínimo do 2 % das explotacións de cada entidade, e nunca un número inferior a dúas explotacións por entidade.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falla de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Establécese un sistema de penalización nos pagamentos finais da axuda do 5 por cento por cada acción declarada que se demostre non realizada con base no plan de inspeccións dos programas, entendéndose por acción declarada calquera das descritas nos artigos 6 e 8 da presente orde.

3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

4. Así mesmo, a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das axudas percibidas por cada beneficiario supere os máximos previstos nesta orde ou na normativa comunitaria aplicable, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións reguladas nesta orde, ata respectar o devandito límite.

Artigo 19. Incumprimento e reintegro

1. O incumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, con independencia doutras responsabilidades en que puidese incorrer o beneficiario, dará lugar á perda do dereito á subvención concedida, coa obrigación de reembolsar as cantidades, se é o caso, percibidas, incrementadas cos xuros de demora legais.

2. En caso de incumprimentos parciais relativos ás actividades subvencionables, procederase á redución proporcional das subvencións concedidas ou aboadas.

3. O interesado ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida xunto cos xuros de demora devindicados desde o seu pagamento nos supostos de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e nos casos establecidos no artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Artigo 20. Obriga de facilitar información

O interesado ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 21. Prazo de realización das actuacións e xustificacións

As actuacións incluídas nos programas solicitados ao abeiro desta orde de axudas rematarán o 31 de decembro de 2013. As axudas só poderán ser concedidas ás actividades emprendidas ou realizadas no prazo establecido nesta convocatoria.

As xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse antes do 31 de xaneiro de 2014 dirixidas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, preferentemente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para a xustificación final do programa achegarase a seguinte documentación:

1. Unha memoria explicativa sobre a realización das actividades auxiliadas, que probe a prestación efectiva dos servizos e que inclúa o informe final referido no punto 4 do artigo 6.

2. Un ficheiro informático que conteña a relación de visitas do equipo técnico, o resultado das revisións de control de equipamentos de muxidura e equipamentos refrixerantes, e o resultado das avaliacións (enquisas) das condicións de produción mencionadas no artigo 6 desta orde.

3. Unha táboa comparativa, para cada concepto, entre os gastos realizados debidamente xustificados e os presentados no orzamento inicial.

4. Os xustificantes orixinais de investimento total, transferencia bancaria dos pagamentos ou documento contable con valor probatorio equivalente.

5. Relación informatizada das facturas, que debe constar dos seguintes campos: concepto, provedor, número de factura, data de emisión e data de pagamento, base impoñible, importe correspondente ao IVE e importe total con IVE.

6. Non se considerará gasto realizado o IVE, excepto no caso de beneficiarios que acrediten estar exentos do imposto sobre o valor engadido pola axencia tributaria.

7. De acordo co artigo 30, número 4, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou con outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas (anexo XI).

8. Nos casos fixados no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos cales non se elixa a oferta máis favorable conforme criterios de eficiencia e economía, debe xustificarse expresamente nunha memoria cando esta non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

9. Nos casos de programas de certificación externa, a partir do terceiro ano de aplicación do programa, presentarase a fotocopia compulsada dos certificados establecidos no artigo 8.3 desta orde.

Artigo 22. Pagamento das axudas

O pagamento das axudas estará condicionado á evolución e grao de consecución dos obxectivos programados. Poderanse efectuar pagamentos á conta de acordo co disposto no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste caso o beneficiario deberá prestar o seguinte réxime de garantías:

a) A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras ou na convocatoria.

b) A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades aboadas á conta ou das cantidades anticipadas calquera que sexa o prazo de xustificación previsto na convocatoria.

c) Segundo o artigo 65 do Regulamento galego de subvencións, a presentación da garantía realizarase ante o órgano concedente nun prazo de 15 días a partir da notificación da resolución de concesión. Este prazo poderá ampliarse cando concorran circunstancias que dificulten a súa formalización no prazo anteriormente sinalado.

Artigo 23. Infraccións e sancións

No tocante a infraccións e sancións será de aplicación o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 24. Financiamento das axudas

As axudas que deriven da aplicación da presente orde proceden dos orzamentos xerais do Estado e financiaranse con cargo á aplicación 12.22.713C 770.6, cunha dotación de 150.000 euros (cento cincuenta mil euros) para o ano 2013.

Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos comunitarios, estatais ou autonómicos achegados para o efecto, na mesma ou noutras aplicacións orzamentarias, de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).

Disposición adicional primeira. Infraccións e sancións

Seralles de aplicación aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposición adicional segunda. Normativa subsidiaria

En todo o non previsto nesta orde observarase o disposto no Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, que establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa, así como na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da dita lei, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Disposición adicional terceira. Publicidade das axudas

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos/as beneficiarios/as e da súa publicación na citada páxina web.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 9 de agosto), de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a directora xeral de Produción Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO V

Nome

Dato

Tipo tamaño

Cod_Agrup

Código de agrupación

Número (enteiro) 2

Nom_Agrup

Nome da agrupación

Texto 30

Apelido

Apelido

Texto 40

Nome

Nome

Texto 20

Le1

Letra inicial NIF titular

Texto 1

Expl_DNI

Numérico NIF titular

Número (dobre) 8

Le2

Letra final NIF titular

Texto 1

Lc1

Letra inicial NIF titular cota

Texto 1

Cot_DNI

Numérico NIF titular cota

Número (dobre) 8

Lc2

Letra final NIF titular cota

Texto 1

Ll1

Letra inicial NIF no LIGAL

Texto 1

Liga_DNI

Numérico NIF no LIGAL

Número (dobre) 8

Ll2

Letra final NIF no LIGAL

Texto 1

REGA

REGA da explotación

Número (dobre) 8

Provincia

Provincia

Número (enteiro) 2

Concello

Concello

Número (enteiro) 2

Parroquia

Parroquia

Texto 30

Lugar

Lugar

Texto 30

Teléfono

Teléfono

Texto 10

N-Vacas

Nº vacas

Número (dobre) 8

Cota

Cota

Número (dobre) 8

Tipo_Inst

Tipo instalación

Número (enteiro) 2

Punt. muxidura

Puntos muxidura

Número (enteiro) 2

N. tanques

Nº tanques

Número (enteiro) 2

Cap. tanqu1

Capacidade tanque 1

Número (enteiro) 2

Cap. tanqu2

Capacidade tanque 2

Número (enteiro) 2

P_Implantación

Programa implantación

Texto 1

P_Certificación

Programa certificación

Texto 1

Anexo III 2013

Anexo novo

Texto 10

Teléfono

Teléfono

Texto 10

Anexo III 2011-12

Anexo 2011-12

Texto 10

DNI

DNI

Si/Non

Contrato hom.

Contrato homologado

Si/Non

Doc. cambio

Documento de cambio/renuncia

Si/Non

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file