Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de abril de 2013, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01501-O-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución que o xefe territorial ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lle sirva de notificación a interesada, asino e selo esta cédula.

Ourense, 5 de abril de 2013

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01501-O-2012

9491-CRG

Garda Civil 3201 M30803D

Transvillanueva, S.L.

B36117943

As Rodas, 26

36620 Vilanova de Arousa

Pontevedra

Calquera das infraccións previstas no artigo 141 cando, pola súa natureza, ocasión ou circunstancia non deba ser cualificada como grave: exceso na condución ininterrompida superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % do tempo máximo autorizado, sen observar as pausas regulamentarias. Atenuante condución ininterrompida (demáis de 5.24 a 6.15 horas).

12.11.2012; 18.17; A-52; 203

Artigo 141.6 da LOTT e artigo 198.6 da ROTT

Artigo 143.1.k) da LOTT e artigo 142.25 da LOTT

201 euros