Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade á renovación dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada concedida á instalación industrial que se relaciona a seguir e que se pode consultar no seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Resolución do 5 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para a fábrica de taboleiro de fibra de madeira de media densidade (MDF) e derivados de taboleiro, localizada nos termos municipais de Rábade e Begonte (Lugo). (Número de rexistro AAI: 2006/0375_NAA/IPPC_079; clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-71).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental