Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (957/2012).

Nº autos: procedemento ordinario 957/2012.

Demandante: Teresa Gil López.

Avogada: Patricia Serrano Narváez.

Demandada: Oriundus Dreams, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 957/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Teresa Gil López contra a empresa Oriundus Dreams, S.L. e o seu representante legal sobre reclamación de cantidade se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Teresa Gil López, contra a entidade Oriundus Dreams, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Oriundus Dreams, S.L., a que aboe a Teresa Gil López, a cantidade de 2.383,33 € líquidos, polos salarios devindicados entre o 6 de xuño e o 30 de xullo de 2011 e a compensación económica por falta de gozo de vacacións, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 43,27 €, como indemnización por finalización da relación laboral.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco a partir da súa notificación.

Advírtaselle o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado con número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación á empresa Oriundus Dreams, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial