Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO-953/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO-953/2012 por instancia de Mª Inés Sánchez Roca contra Diseño y Servicios Gráficos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que o día 5 de abril de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mª Inés Sánchez Roca, contra a entidade Diseño y Servicios Gráficos, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Diseño y Servicios Gráficos, S.L. a que aboe a Mª Inés Sánchez Roca a cantidade de 959,01 € brutos, polos salarios devindicados en xullo de 2011 e falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 1.612,85 €, como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo non aboada.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Diseño y Servicios Gráficos, S.L., con apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial