Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (68/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 68/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Fernández García contra a empresa Toso Mariña, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Manuel Fernández García coa empresa Toso Mariña, S.L., e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Manuel Fernández García.

Indemnización: 3.483,96 euros (tres mil catrocentos oitenta e tres euros con noventa e seis céntimos).

Salarios: 11.096,43 euros (once mil noventa e seis euros con corenta e tres céntimos).

Advírtese á destinataria, Toso Mariña, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 10 de abril de 2013

O secretario xudicial