Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13701

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 69/2013, do 30 de abril, polo que se acorda encomendarlle ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que se encargue do despacho de asuntos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da ausencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante os días 2 ao 8 de maio, faise necesario prover a súa substitución ata o seu regreso.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Como consecuencia da ausencia do seu titular, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde o día 2 de maio ata o 8 de maio, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, trinta de abril de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente