Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13700

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 68/2013, do 24 de abril, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia o 4 de abril de 2013,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares no Consello Económico e Social de Galicia a Juan Martínez García, Mª Jesús Fernández García e Adela Poisa Baños, en representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

Artigo 2

Nomear membros suplentes no Consello Económico e Social de Galicia a Amelia Pérez Álvarez, Demetrio Vázquez Martínez e Ascensión Esteban Ceballos, en representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de abril de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente