Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13699

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 67/2013, do 24 de abril, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo); e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia o 4 de abril de 2013,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen, como membros titulares no Consello Económico e Social de Galicia, Clara Gamarra Lozano, Xesús Ángel Castro Baamonde e Ascensión Esteban Ceballos, en representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

Artigo 2

Que cesen, como membros suplentes no Consello Económico e Social de Galicia, María Áurea Vázquez Estraviz, Xesús Penedo Pallas e Adela Poisa Baños, en representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de abril de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente