Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1008/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1008/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Abuelo Berruezo contra a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Susana Abuelo Berruezo contra a empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 31 de agosto de 2012, condenando a que a entidade Muebles Ciudad de Marineda, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 42,93 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.597,60 €. O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Susana Abuelo Berruezo contra a entidade Muebles Ciudad de Marineda, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Muebles Ciudad de Marineda, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 5.152,28 € brutos, polos salarios devindicados entre maio e agosto de 2012, e a compensación económica por falta de aviso previo, a razón de 644,03 € brutos, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado con anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación á empresa Muebles Ciudad de Marineda, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial