Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (323/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Caterina Pombo Silva contra Manuel Beiro Vilas, rexistrado co número 323/2012, se acordou citar a Manuel Beiro Vilas en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 13 de maio de 2013 ás 11.10 e 11.15 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais documentación que consta no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Manuel Beiro Vilas, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

A secretaria xudicial