Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13567

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4031/2012-PM).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4031/2012 desta sección, seguido a instancia de Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra contra a empresa Exclusivas Torrado Montero, S.L. sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola avogacía do Estado, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nos presentes autos sobre demanda de oficio, tramitados por instancia da Inspección Provincial de Traballo de Pontevedra fronte á empresa Exclusivas Torrado Montero, S.L. e Liliana del Carmen Rodríguez Alayon, María Elisa Caetano, Leonice Oliveira Conceiçao de Silva, Claudia Lorena Herrera Gómez, Luz Mariña Perafran Gómez, Esther Fanny de la Cruz Tapia, Ana María Tataru, Carmen Ghiorghiu, Tania María Nogueira, Anny Kelle Paulino e Michely de Jesús Arruda, debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Tataru Ana María, Ghiorgiu Carmen, Nogueria Tania María; Kelle Paulino, Anny; de Jesús Arruda Nichely, con último domicilio coñecido en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2013

A secretaria xudicial