Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1082/2012).

María Branco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución do 3 de abril de 2013, dirixida a Construcciones y Montajes Agal, S.A, e que se pode interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Montajes Agal, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de abril de 2013

A secretaria xudicial