Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1301/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 22.2.2013 no proceso seguido por instancia de María José Lodeiro Rodríguez e María Soraya Barreira González contra Auto Arte Galicia, S.L., Laminalia, S.L. e o Fogasa, en reclamación por cantidade-monitorio, rexistrouse co número 1301/2012 e acordouse notificar a Auto Arte Galicia, S.L. a parte dispositiva do decreto, que di o seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

1. Arquivar o presente procedemento monitorio instado por María José Lodeiro Rodríguez e María Soraya Barreira González, fronte a Auto Arte Galicia, S.L. e Laminalia, S.L., con intervención do Fogasa.

2. Dar traslado á parte demandante co fin de que presente demanda de execución contra Auto Arte Galicia, S.L. e Laminalia, S.L., no caso de que desexe proceder ao despacho desta.

3. Dar á demanda presentada contra Auto Arte Galicia, S.L. e Laminalia, S.L., e rexistrada baixo o número P.O. 203/13, o curso correspondente.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Auto Arte Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial