Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13565

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013 pola que se convocan para a realización do primeiro exercicio as persoas aspirantes admitidas, pola quenda de acceso libre, ao proceso selectivo para cubrir sete prazas da categoría profesional técnico superior de xestión, do grupo I, convocado por Resolución do 26 de xullo de 2012.

Por Resolución do 26 de xullo de 2012 (DOG do 9 de agosto), convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas da categoría profesional técnico superior de xestión, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Á vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, sen que ningunha persoa aspirante o superase, acumúlanse as vacantes ofertadas por esta quenda ás de acceso libre, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas.

A Resolución do 21 de decembro de 2012, no seu punto terceiro, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre, serán convocadas para realizar o primeiro exercicio, mediante resolución que se publicará no DOG. De conformidade con isto,

resolvo:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 28 de maio de 2013, ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Facultade de Farmacia (praza Seminario de Estudos Galegos, Campus Vida, Santiago de Compostela).

De conformidade coas bases da convocatoria, a publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios realizaranse na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela