Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13585

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2277/10-VV).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2277/2010 desta sección, seguido por instancia de Margarita Martínez Quiñones contra a empresa Construcciones y Promociones Caldas de Reyes, S.L. sobre recarga de accidente, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos:

Que con desestimación do recurso interposto por Margarita Martínez Quiñones, confirmamos a sentenza que con data de 24.2.2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e ás empresas Instalaciones Pongas, S.L., Construcciones y Promociones Caldas de Reyes, S.L. e Repsol Butano, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Promociones Caldas de Reyes, S.L., con último domicilio coñecido en Souto de María Lopez en Caldas de Reis, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de abril de 2013

A secretaria xudicial