Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2009/01000 e AC-2010/00660).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 4 de abril de 2013

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/Pasaporte

AC-2009/01000

Inmaculada Varela Varela

46907770Y

AC-2010/00660

Ndiaga Niang

A00169518