Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1151/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1151/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Garrido Troche contra a empresa Yoruguas Coruña, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 80/2013.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Carlos Garrido Troche, que comparece asistido polo letrado Íñigo Saavedra Fernández, e doutra, como demandado, Yoruguas Coruña, S.L., que non comparece.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza:

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Carlos Garrido Troche fronte á empresa Yoruguas Coruña, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 1.539,57 euros (mil cincocentos trinta e nove euros con cincuenta e sete céntimos).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 41,61 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 5.993,71 euros.

3º. A empresa deberá aboar, así mesmo, ao traballador a cantidade de 5.787,22 euros por salarios debidos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1151 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 1151 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos».

Expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación á empresa Yoruguas Coruña, S.L.

A Coruña, 9 de abril de 2013

O secretario xudicial