Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (303/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 303/12 por instancia de Francisco Antonio Rivas Domínguez contra Estructuras Técnicas Noroeste, S.L. (Estecno, S.L.), Copcisa, UTE CHUAC (Isolux Corsan-FCC Construcción, S.A.) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade-salarios, en que no día 18.3.2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Antonio Rivas Domínguez, contra a entidade Estructuras Técnicas del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Estructuras Técnicas del Noroeste, S.L. a que aboe ao demandante as cantidades percibidas por salarios entre setembro, novembro e decembro de 2011, parte proporcional de paga extra de Nadal de 2011, horas extraordinarias realizadas en setembro e outubro de 2011, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas a razón de 5.847,59 euros brutos, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 391,04 euros como indemnización por extinción da relación laboral.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Antonio Rivas Domínguez, contra a entidade UTE CHUAC (Isolux Corsan-FCC Construcción, S.A.) e Copcisa, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a que cada unha das entidades, nas contías que se fixasen, aboen de modo solidario coa entidade Estructuras Técnicas del Noroeste, S.L. as seguintes cantidades:

Copcisa, S.A., a cantidade de 1.788,66 euros brutos, correspondentes a salarios do 1 ao 27 de setembro, horas extraordinarias dese mes e parte proporcional de paga extra de Nadal, e de compensación por vacacións non gozadas do ano 2011.

UTE CHUAC (Isolux Corsan-FCC Construcción, S.A.), a cantidade de 3.694,2 euros brutos, correspondentes a salarios do 28 ao 30 de setembro, novembro e decembro, así como horas extraordinarias de outubro, parte proporcional de paga extra de Nadal, e de compensación por vacacións non gozadas do ano 2011, e a liquidación polos dous días traballados en xaneiro de 2012.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e nº expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Estructuras Técnicas Noroeste, S.L. (Estecno, S.L.) co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial