Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (732/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 8.4.2013, no proceso seguido por instancia de Patricia Barbeito Pose contra JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., Acumula, S.A., El Corte Inglés e o Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 732/10 e acordouse notificar a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a resolución da sentenza do 21 de marzo de 2013 ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

“Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Patricia Barbeito Pose, que comparece asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma; contra a empresa Acumula, S.A., que comparece asistida pola letrada Sra. Bregua López; contra a empresa El Corte Inglés, S.A., que comparece representada pola letrada Sra. Varela Miras, e o Fogasa, que non comparece, debo declarar e declaro que esta procede parcialmente, e condeno a JVB Servicios Logísticos a que lle aboe ao demandante a suma de 1.188,85 euros, coa responsabilidade solidaria de El corte Inglés ata a cifra de 1.055,80 euros e absolvo a codemandada Acumula, S.A. de todos os pedimentos da demanda contra ela deducida.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET”.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e no artigo 267.7 da LOPX.

Así por este auto, pronúnciao, mándao e asínao, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de abril de 2013

A secretaria xudicial