Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13393

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (171/2012).

Rosario Cantalejo García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, fai saber que no procedemento ordinario número 171/2012 seguido por instancia de José Barros Míguez e María Anuedo Vilas contra Edificaciones Mancomunadas Cayetano, S.A., recaeu sentenza o 25.3.2013 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vigo, vinte e cinco de marzo de dous mil trece.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos por instancia de José Barros Míguez e María Anuedo Vilas, representados polo procurador Ricardo Estévez Cernadas e asistidos pola letrada María Antonia Molinos Otero, fronte a Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A., en rebeldía procesual.

Resolución.

Estimo integramente as pretensións da parte demandante e condeno a Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A. a elevar a público o contrato de compravenda do 21.7.1977 achegado como documento nº 1 da demanda, relativo á vivenda inscrita no Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo no libro 345, folio 106, terreo rexistral nº 25707/bis, a nome de Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A., na forma establecida nesta resolución; con expresa condena en custas da parte demandada.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de 20 días.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso na conta de depósitos e consignacións aberta na entidade Banesto co número 0030 1846 42 0005001274, expediente 3640 0000 04 0171 12.

O depósito deberá acreditarse ao interpoñer o recurso.

Están exceptuados da constitución do depósito os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, o Ministerio Fiscal e a Administración.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e encontrándose en ignorado paradoiro a demandada Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A., expídese o presente para que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de abril de 2013

A secretaria xudicial