Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (885/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 885/2012 por instancia de Manuel Viña Suárez e Juan Ameijeiras Cancela contra a empresa Evixoa, S.L., sobre cantidade, en que o día 11 de marzo de 2013 se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Manuel Viña Suárez e Juan Ameijeiras Cancela contra Evixoa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Evixoa, S.L. a que lles aboe aos demandantes as cantidades que se dirán, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Manuel Viña Suárez a cantidade de 3.137,05 euros, polos salarios de maio e xuño, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2012.

– A Juan Ameijeiras Cancela, a cantidade de 3.400,96 euros, polos salarios de maio a xullo, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2012.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Evixoa, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial