Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12938

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (173/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 173/2010, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa María Elvira Montaña Estévez, Exminesa, Instituto Nacional da Seguridade Social INSS e Tesouraría Xeral da Seguridade Social TXSS, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Autos demanda: 173/2010.

A Coruña, 3 de abril de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre Seguridade Social entre partes, dunha e como demandante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, en cuxo nome e representación comparece o letrado Pablo Torrado Oubiña, e doutra e como demandados, María Elvira Montaña Estévez, Exminesa, que non comparecen, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en cuxa representación comparece o letrado Francisco Requejo Gutiérrez.

Decido que estimo a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo presentada fronte ao INSS, a TXSS, a empresa Exminesa e María Elvira Montaña Estévez e declaro que a mutua demandante non é responsable do aboamento das prestacións de indemnización especial a tanto global e auxilio por defunción por importe, respectivamente, de 13.255,08 euros e 33,06 euros, aboados a consecuencia do falecemento do causante José García Iglesias. A TXSS deberá reintegrar á citada mutua o importe das cantidades aboadas, con devindicación dos xuros do artigo 1108 do C.C. desde o 20 de decembro de 2011.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0173 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0173 10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Exminesa, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de abril de 2013

O secretario xudicial