Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12937

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (935/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 935/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Amil Barbeito contra Geshotel Catering, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Nº autos: procedemento ordinario 935/2010.

A Coruña, 19 de novembro de 2012

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Sandra Amil Barbeito, que comparece asistida do letrado Fernando Méndez Sanjurjo, e doutra e como demandada, a empresa Geshotel Catering, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 880/2012:

Decido que estimando a demanda formulada por Sandra Amil Barbeito contra á empresa Geshotel Catering, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 170,92 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Geshotel Catering, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

O secretario xudicial