Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1404/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1404/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Sánchez Bouza contra a empresa Kerca, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de marzo de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1404/2012, sendo demandante Iria Sánchez Bouza, asistida polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa Kerca 24, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Iria Sánchez Bouza contra a empresa Kerca 24, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato de traballo da demandante e condeno a empresa demandada á extinción da relación laboral, con aboamento a Iria Sánchez Bouza da cantidade de 3.539 euros, en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación á entidade Kerca, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de abril de 2013

A secretaria xudicial