Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (426/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 426/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Bonenfant Tubío, contra as empresas Exfoga, S.L., Mabarza, S.L., Brauron, S.L., sobre cantidade, ditouse a seguinte, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando en parte a demanda formulada por María del Pilar Bonenfant Tubío contra as demandadas Exfoga, S.L., Mabarza, S.L. e Brauron, S.L., debo condenar e condeno as demandadas a aboar á demandante a suma de 12.866,6 euros, en concepto de salarios debidos, devindicados e debidos, máis os xuros moratorios legais do 10 %, con responsabilidade do Fogasa nos supostos, e dentro dos límites, legais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mabarza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

A secretaria xudicial