Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12791

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (424/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 424/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Pérez Vicente, contra a empresa Exfoga, S.L., Mabarza, S.L., Brauron, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse a seguinte, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando en parte a demanda formulada por María Concepción Pérez Vicente contra as demandadas Exfoga, S.L., Mabarza, S.L. e Brauron, S.L., debo condenar e condeno as demandadas a aboar á demandante a suma de 7.749,96 euros, en concepto de salarios debidos, devindicados e debidos, máis os xuros moratorios legais do 10 %, con responsabilidade do Fogasa nos supostos, e dentro dos límites, legais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mabarza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

A secretaria xudicial