Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (870/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 870/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Abrodos Fuentes contra a empresa Constructora Bribes Mantiñán, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza co seguinte encabezamento e resolución di:

Sentenza.

A Coruña, 1 de abril de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 870/2012, seguidos por instancia de Manuel Abrodos Fuentes, que comparece asistido pola letrada Sra. Lesta Castelo, contra a empresa Constructora Bribes Mantiñán, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado pola Sra. Abajo Lera, versando a litis sobre despedimento.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Abrodos Fuentes, que comparece representado pola letrada Sra. Lesta Castelo, contra a empresa Constructora Bribes Mantiñán, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que comparece representado pola Sra. Abajo Lera, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que aboe ao Sr. Abrodos a cantidade de 9.358,71 euros en concepto de indemnización e ao aboamento dos salarios de tramitación en contía de 44,63 euros diarios desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se arquivará. Advírtase igualmente o traballador que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Constructora Bribes Mantiñán, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 3 de abril de 2013

A secretaria xudicial