Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (925/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 925/2012, por instancia de Mayra Varela Ferrín contra Grapa Noroeste, S.L, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 18 de marzo de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mayra Varela Ferrín contra Grapa Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Grapa Noroeste, S.L. á demandante.

Condénase a Grapa Noroeste, S.L. a que, no prazo de cinco (5) días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 13.513,20 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 8.911,98 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 38,58 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colegiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Grapa Noroeste, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado