Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 8 de abril de 2013 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente TU970A 2012/66-1.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director de Competividade da Axencia Turismo de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Turismo de Galicia, sita na praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Expediente: TU970A 2012/66-1.

Interesado: Club Náutico-Deportivo de Ribeira.

Acto de notificación: trámite de audiencia.