Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013 pola que se convoca a contratación non suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, do servizo de limpeza das instalacións desta academia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

Teléfono: 886 20 61 05/886 20 61 03.

Fax: 886 20 61 21.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública:

a) Lugar de execución: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con dous criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 99.000,00 €.

IVE (21 %): 20.790,00 €.

Total: 119.790,00 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días hábiles e das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet, nos enderezos:

http//:www.xunta.es/contratación e http://agasp.xunta.es/

7. Requisitos específicos do contratista:

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No Rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública, das 9.00 ás 14.00 horas, ou ben na forma prevista no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Data: o vixésimo día natural contado desde o seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece (13.00) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 2 de abril de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública