Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de marzo de 2013, da Xefatura da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de resolución de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento C-40-IV/76, conta 204.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de marzo de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-40-IV/76, conta 204 (desafiuzamento F.P. 17/11).

Interesados: herdeiros de Manuela Iglesias Pombo e Jesús Martínez Lago.