Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade da adquisición de dúas estacións de traballo de mamografía para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM) (AB-CON1-12-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-12-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de dúas estacións de traballo de mamografía para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: máximo de 30 días desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33111650-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Estación de traballo:.................................................................30 puntos

Características técnicas dos monitores………………..............10 puntos

Características técnicas da CPU………….................................5 puntos

Características do software……………..………..…….............15 puntos

Valoración clínica do funcionamento do equipo...................... 15 puntos

Valores engadidos..................................................................... 5 puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

1 Prezo

2 Garantía e contrato de mantemento

3 Formación: puntuación máxima

0-50

0-40

0-7

0-3

4. Valor estimado do contrato: 64.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 64.000 euros. Importe total: 70.400 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver punto 27 da folla de especificacións (carátula).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos