Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a prestación do servizo de interpretación da lingua de signos no Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa para a prestación do servizo de interpretación da lingua de signos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior do Parlamento de Galicia.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 79, do 2 de abril de 2013, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 981 55 13 00.

5. Telefax: 981 55 14 09.

6. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: GP-PA-2/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de interpretación da lingua de signos.

c) División por lotes e número de lotes: non hai división en lotes.

d) Lugar de execución:

1. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2. Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: a partir da data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: polo tempo que acorde a Mesa do Parlamento ata un máximo de outro (1) ano máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79540000 Servizos de interpretación.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. Prezo: de 0 a 55; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: Valor técnico da oferta e melloras: de 0 a 45 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 100.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 50.000,00 €. Importe total: 60.500,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de licitación.

c) Complementaria: no caso de resultar adxudicatario provisional un licitador que conforme os criterios de valoración, estando en baixa temeraria, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela.

4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde a presentación.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: dúas sesións públicas de apertura de ofertas, unha para sobres «B» e outra para sobres «C».

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: en sesións públicas nos días e horas que oportunamente se publicarán no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG número 79, do 2 de abril de 2013, e na páxina www.parlamentodegalicia.es)

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia