Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para perrucaría.

Verónica Recarey Gómez solicita nesta alcaldía, licenza municipal para a apertura de local destinado a perrucaría, no lugar de Liñares, parroquia da Baña, e en cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que, durante este prazo, poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Baña, 3 de abril de 2013

José Andrés García Cardeso
Alcalde