Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de información pública sobre apertura e acondicionamento de local comercial.

Marcauto, S.C. , co CIF J70321880, solicitou desta concello a licenza de obras e a licenza de actividade e apertura para o acondicionamento dun local comercial para dedicar a taller de reparación do automóbil, con box autoservizo, situado no lugar de Bazarra, número 176-178, Toba, Cee. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o dito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente nas oficinas municipais as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan alegar o que consideren oportuno.

Cee, 2 de abril de 2013

Zaira Rodríguez Pérez
Alcaldesa