Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

APROBACIÓN inicial do expediente de expropiación para adaptar o edificio sito na rúa Ramón Cabanillas, número 14 ás condicións de accesibilidade exixibles.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 11 de marzo de 2013, por delegación do alcalde a través do Decreto con data do 13 de xuño de 2011; emite decreto no que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto:

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial dos locais comerciais 1 e 2 da planta baixa do inmoble número 14 da rúa Ramón Cabanillas; cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Baixo esquerdo:

Titular: Jacobo Montero Regueiro e María Amado Amado.

Ben: local baixo esquerdo Ramón Cabanillas, 14.

Predio rexistral: 21769, tomo 98, rexistro 1.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 1,47 m2.

Baixo dereito:

Titular: María Pilar López González e Antonio Iglesias López. Matilde María López González.

Ben: local baixo dereito Ramón Cabanillas, 14.

Predio rexistral: 21767, tomo 1427, folio 209 e 211.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 1,80 m2.

2. Optar para a tramitación deste expediente polo sistema de tasación conxunta.

3. Requirir a comunidade de propietarios de Ramón Cabanillas 14 en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio que, con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, deposite o importe o aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a 1.442,91 euros».

O que se publica para efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo plazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 20 de marzo de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio