Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre apertura de sala de festas.

Ignacio Escalante Silva, en representación de Versus Ogrobe, S.L., solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dunha sala de festas (expediente 376/13), que se situará na rúa Luís Seoane, nº 7, baixo. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 27 de marzo de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde