Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12667

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de reparación de maquinaria agrícola, rama mecánica e fabricación de remolques.

Amador Rodríguez Varela solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de maquinaria agrícola, rama mecánica e fabricación de remolques, na rúa do Xenebro núm. 35, baixo.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 15 de marzo de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo