Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases xerais para o acceso a prazas de funcionarios e persoal laboral deste concello.

Faise público que no Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 033, do 8 de febreiro de 2013, se publicou anuncio relativo ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de decembro de 2012, de modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, así como modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de consolidación de emprego temporal.

O dito acordo foi rectificado polo acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2013.

Lugo, 25 de marzo de 2013

José Clemente López Orozco
Alcalde