Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre construción de adega.

Enrique Mayo López solicitou neste concello licenza de obra e actividade para construción de adega de elaboración de viños na localidade de Arnado (Vilamartín de Valdeorras). De conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días mediante anuncio no BOP de Ourense, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na secretaría do concello de Vilamartín de Valdeorras, das 9. 00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, se é o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos. O presente anuncio servirá de notificación, de acordo co artigo 59.5 da Lei 30/1992 para todos aqueles que sexan descoñecidos, ou se ignore o seu paradoiro ou ben, intentada esta, non puidese practicarse.

Vilamartín de Valdeorras, 15 de abril de 2013

Mª Jesusa Candal Jarrín
Alcaldesa