Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén de maquinaria agrícola.

Jesús Sánchez García presentou neste concello solicitude de licenza para almacén de maquinaria agrícola, no lugar de Senra, nº 27, Escuadro (Silleda). Cumprindo co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 26 de marzo de 2013

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta