Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública relativo a unha edificación para serra e talla de pedra natural.

Ao amparo da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de José García Gerpe o recoñecemento definitivo da edificación coa actividade correspondente de serra e talla de pedra natural que se situará na paraxe denominada Devesa do Rei, Braña Rica, San Pedro de Ser, de acordo coa documentación técnica presentada, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 1 de abril de 2013

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde