Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12501

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia

EDICTO polo que se empraza a interesada no expediente disciplinario 16/2012.

Non sendo posible practicarlle persoalmente a notificación, polo presente escrito comunícase e emprázase a María Cebreiro Gómez Fernández para que no prazo dos quince días seguintes á súa publicación poida contestar o prego de cargos xuntando os documentos e propoñendo as probas que considere pertinentes. Advírteselle que ten á súa disposición na sede deste colexio (r/ Alameda, 30-32, 8º, 15003 A Coruña) unha copia do prego de cargos.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

Jesús Bendaña Suárez
Instrutor